Song: Os novos non deben namorarse
Year: 1996
Viewed: 48 - Published at: 4 years ago

[Letra de "Os novos non deben namorarse"]

[Estrofa 1]
Non te namores da profesora
Nin te namores do profesor
Que o aprobado non ten que ver
Co estado actual do teu corazón
Cos libros na man e os ollos pra baixo
Cando entres na aula ten educación
Desengano amoroso ou fracaso escolar
No ensino non cabe esta forte paixón

[Estrofa 2]
Escoita o consello dun vello que di
Que os novos non deben de namorarse
Do mestre de mate, da xefa de estudios:
Hai que deixar fóra tanto romance
Pero se o obxecto da túa inquedanza
Suspéndete logo no exame final
E pensa que tes que recuperar
Que aínda vas a velo o que resta do verán
[Retrouso]
Non, non, os novos non, non, non
Non deben, non, non, non, namorarse, non
Non deben, non, non, non, namorarse, non
Non, non, non, non

[Só de piano]

[Estrofa 3]
Se o teu amor declárase antes
Pensa, meu fillo, que iso é ilegal
O teu amor sempre foi tan puro
E o seu é perverso e noxento e fatal

[Retrouso]
Non, non, os novos non, non, non
Non deben, non, non, non, namorarse, non
Non deben, non, non, non, namorarse, non
Non, non, non, non

( Maestro Reverendo )
www.ChordsAZ.com

TAGS :