Song: Zocos
Artist:  Guadi Galego
Year: 2020
Viewed: 63 - Published at: 9 years ago

[Letra de "Zocos"]

[Estrofa 1]
Tomei o camiño máis longo
Máis longo pra chegar a ti
Díxenche "pónteme esperto
Que non podo ver a súa fin"
Topeime nun buraco estreito
Vin que non podía saír
Pasaron os meses de inverno
Seguía sen ver a súa fin

[Retrouso]
Un ruído pousouse na cama
Tremín polo soño que estaba a durmir
De súpeto como da nada
Os zocos de ferro correron por min
Ás costas, tornouse una chaira
O campo das flores que veñen de abril
Os pasos que din esa noite
Mudaron a historia que estaba a escribir
[Estrofa 2]
Esperto da noite máis longa
O soño que me fai sorir
As flores no Campo da Estrela
Parece que cheira a xasmín
As miñas mans polo chan
A chaira inmensa sen fin
Os zocos locen na entrada
E ti xa non eres pra min

[Retrouso]
Un ruído pousouse na cama
Tremín polo soño que estaba a durmir
De súpeto como da nada
Os zocos de ferro correron por min
Ás costas, tornouse una chaira
O campo das flores que veñen de abril
Os pasos que din esa noite
Mudaron a historia que estaba a escribir

[Interludio]
Non quixera morrer sen conducir un coche no deserto, saltar á corda na brisa dun luns saíndo dun after con toda a resaca que sexa posible, pedir un cigarro á señoras da praza que venden repolos en cestas de vime, quitar os zapatos e correr rúa abaixo berrando “estou asimétrica”, que non tomo menciñas nin Coca-Cola Light, que te preciso coma nunca ou "sei que te quero como os personaxes que morren nos filmes; xusto despois de descubrir o amor, nesa caída de pálpebras na que todo semella inxusto e fermoso á vez"

[Outro]
De súpeto como da nada
Os zocos de ferro correron por min
Nesa caída de pálpebras na que todo semella inxusto e fermoso á vez
De súpeto como da nada
Os zocos de ferro correron por min
De súpeto como da nada
Os zocos de ferro correron por min

( Guadi Galego )
www.ChordsAZ.com

TAGS :